CONSELLOS PARA LAVAR CORRECTAMENTE AS MANS

Este blogue de educación física sempre estivo preocupado pola saúde e publicamos artigos que cremos que son interesantes para o alumnado. En outubro de 2014 publicamos o seguinte, que desgraciadamente polo Coronavirus (COVI-19) é importante que todos e todas as persoas coñezamos e o fagamos correctamente:

cartel_COMO_LAVARSE_MANOS_INFANTIL-1

Dende 2008, ano que foi designado o Ano Internacional do Saneamento pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o Día Mundial do Lavado de Mans estivo intentado estender mellores prácticas de hixiene en todo o mundo.

O lavado de mans é de vital importancia na saúde pública. A fins do século XIX, as novas condutas de hixiene e os servizos sanitarios reduciron de forma drástica as mortes por enfermidades infecciosas nos países ricos. Xunto co illamento e a disposición segura de excretores, así como a subministración de cantidades abondo de auga limpa, o lavado de mans con xabón é unha das maneiras máis efectivas de previr enfermidades diarreicas; tamén é o medio máis barato. Ademais, o lavado de mans con xabón pode limitar a transmisión de enfermidades respiratorias, que son as máis mortais para os menores de cinco anos.

Cada ano, máis de 200 millóns de persoas participan nas celebracións en máis de 100 países de todo o mundo. O lavado de mans global está avalado por unha ampla gama de gobernos, institucións internacionais, organizacións da sociedade civil, organizacións no, empresas privadas e particulares.

Enraizar a práctica do lavado de mans con xabón antes de comer e despois de usar o inodoro podería salvar máis vidas que calquera vacina ou intervención médica, reducir as mortes por diarrea case á metade e evitar un cuarto das mortes por infeccións respiratorias agudas no mundo.

A poboación infantil e escolar é a principal destinataria do Día Mundial do Lavado de Mans. As nenas e nenos que actúan como axentes de cambio, levan aos seus fogares e comunidades as boas prácticas de hixiene que aprenden na escola. A súa activa participación e as intervencións culturalmente sensibles baseadas na comunidade buscan asegurar un cambio de comportamento sostido.

15-de-octubre dia lavado de manosCinco datos claves:
1.Lavarse as mans soamente con auga non é suficiente.
2.O lavado de mans con xabón pode evitar enfermidades que matan a millóns de nenas e nenos cada ano.
3.Os momentos críticos para o lavado de mans con xabón son despois de usar o baño ou de limpar un neno e antes de manipular alimentos.
4.O lavado de mans con xabón é a intervención de saúde pública máis custo – efectiva.
5.Os nenos poden ser axentes de cambio.

Por que hai que lavarse as mans?
-Os variados axentes infecciosos que poden producir diarrea transmítense habitualmente pola vía fecal-oral, é dicir pola inxestión de auga ou alimentos contaminados e tamén pola contaminación directa das mans. O lavado de mans con xabón interrompe o ciclo desta contaminación.

-As infeccións respiratorias agudas, como a gripe ou a pneumonía, poden evitarse co lavado frecuente de mans. Tamén os parasitos intestinais e algunhas infeccións na pel e os ollos.

Cando hai que lavarse as mans?
-Antes e despois de manipular alimentos.
-Antes de comer ou beber, e despois de manipular lixo ou desperdicios.
-Despois de tocar alimentos crus e antes de tocar alimentos cocidos.
-Despois de ir ao baño, soarse o nariz, tusir ou espirrar e despois de cambiarlle os cueiros a un neno.
-Despois de tocar obxectos “sucios”, como diñeiro, chaves, pasamáns, etc.
-Cando se regresa á casa da rúa, o traballo, a escola.
-Antes e despois de atender a alguén que está enfermo ou de curar feridas.
-Despois de estar en contacto con animais.

Como se lavan correctamente as mans?
Para que o lavado sexa realmente efectivo, sempre se debe utilizar xabón. Se se usan axeitadamente, todas as xabóns son igualmente efectivas para remover os xermes que causan enfermidades. Se non se conta con xabón, é posible substituílo eventualmente con alcohol en xel.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s