FROITA NA ESCOLA

A pasada semana comenzamos un ano máis a campaña “froita na escola” da Xunta de Galicia co obxectivo de achegar durante unha temporada forita para todo o alumnado no tempo de recreo. Cumplindo sempre todas as medidas hixiénicas normais e as especiais pola pandemia na que nos atopamos todos os nenos/as que om desesen poderán consumir froita fresca e de gran calidade.

Para animar aos máis indecisos aquí escribimos unhas palabras sobre a importancia do consumos de froitas e os beneficios para a nosa saúde.

Sabes que tes que tomar mínimo tres pezas de froita fresca ao día? Así o recomenda a Asociación 5 ao día do mesmo xeito que a maioría de expertos en nutrición. Aínda que parezan moitas, se te organizas é fácil incorporalas á túa dieta diaria. Por exemplo, empeza cunha peza no almorzo ou cunha macedonia caseira. A media mañá ou á hora da merenda, cando che entre gusa, outra peza de froita e despois de cear, outra. Así de fácil é coidarse.

Se es dos que necesitan máis para convencerse de que hai que tomar froita a diario e non só porque o diga a túa nai, se non polos beneficios que nos proporcionan, aquí van uns datos da Asociación 5 ao día, que falan ben ás claras das vantaxes para comer froita para a saúde do teu corpo.

PROPIEDADES DAS FROITAS

1.As froitas achégannos auga, vitaminas, minerais, fibra e diferentes compostos beneficiosos para o organismo.
2. Polos seus antioxidantes, preveñen o envellecemento prematuro das células, dándoche unha pel máis limpa, nova, suave e sa e maior calidade de vida.

3. Consumidas a diario, as froitas axúdannos a previr distintas enfermidades como problemas cardiovasculares, trastornos dixestivos, algúns tipos de cancro e enfermidades neurodexenerativas, ademais de colaborar na loita contra o sobrepeso e a obesidade.

4. Son doces, saborosas, teñen poucas calorías e practicamente nada de graxas saturadas (aquelas máis prexudiciais para o organismo), polo que son un bo capricho cando che entre a túa vea máis golosa.

5.As froitas prodúcennos sensación de saciedade ao conter fibra, así evitarás estar picoteando guarrerías todo o día. Ademais, a súa fibra axúdanos a regular o tránsito intestinal e evitar o estreñimiento

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s