CARREIRA SOLIDARIA DIVINO MAESTRO 2021

O vindeiro venres 28 de maio todo o alumnado do noso colexio participará nunha nova edición da Carreira solidaria Divino Maestro na que o obxectivo é facer un esforzo en forma de carreira e así conseguir fondos para axudar ao Colexio Divino Maestro de Tigre (Venezuela) que necesita axuda urxente.

Cada participante debrá conseguir persoas que o patrocinen coa cantidade económica que cada padriño o madriña considere oprtuno. Poden conseguir todos os patrocinadores que queiran ou poidan e entregarán os cartos acadados ao seu titor ou titora.

Esta actividade levarase a cabo no parque contígüo á nosa escola e contaremos con todas as medidas de seguridade que o protocolo Covid e a situación sanitaria exisen.

Polo tanto non poderá haber público como noutras ocasións, haberá distintos sitios de acceso e saída do parque e non se mesturarán os nenos e nenas de distintos cursos.

A continuación poderemos observar os sistintos horarios, as normas da carreira e un pequeno mapa explicativo da actividade.

Animade aos vosos fillos/as a facelo coa maior ilusión posible e conciencialos de que sexan solidarios facendo deporte.

CONSELLOS IMPORTANTES A TER EN CONTA

  1. A puntualidade é moi importante para o desenvolvemento da actividade.
  2. Os cursos deberán desprazarse soamente cos mestres, non con outros cursos.
  3. O desprazamento para a carreira será pola porta principal e a volta ao colexio pola porta traseira como indica a imaxe que se adxunta a continuación ( frecha azul).
  4. Ao chegar ao circuito esperarán instruccións no punto de encontro (punto vermello na fotografía).
  5. Despois de rematar a carreira se encamiñarán ao avituallamento onde poderán beber auga e tomar unha froita (marcado cunha cruz azul na fotografía).
  6. Trataremos de deixar o parque no mesmo estado no que o atopamos, sen desperdicios e sen estropear nada, ademais de non molestar a persoas ou animais que se desprazan polo mesmo.
  7. Despois de rematar o avituallamento voltarán ao centro escolar pola ruta marcada (frecha vermella).
  8. Cumprir as normas axuda na educación do alumnado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s