5º curso de primaria

COIDAMOS O NOSO CORPO

Na escola e nas nosas casas  ( moito máis nestes tempos) pasamos moitoas horas sentados diante dun ordenador, lendo libros, facendo algún traballo, axudando á familia, vendo a televisión…

Non nos damos conta que moitas veces non adoptamos co noso corpo a posición adecuada e isto a medio ou longo plazo trae moitas consecuencias negativas en forma de lesións cervicais, dorsais, lumbares…

A hixiene postural é un conxunto de hábitos e normas para conseguir unha correcta posición do corpo, tanto cando estamos quietos coma en movemento.

Nas seguintes infografía que podemos ampliar premendo enriba delas veremos as posturas correctas en diferentes situacións e exercicios para  conseguir unha boa hixiene postural e na outra exercicios para facer descansos posturais despois dun longo rato de traballo diante dun escritorio ou pupitre.

COIDEMOS O NOSO CORPO!   SÓ TEMOS UN…

 

 

XOGOS CON GLOBOS

Xogos e recursos para facer un pouco de educación física con globos en casa e así combater o sendentarismo que nestes días pode provocar o coronavirus ( COVID-19).

Voleibol con globos: Voley ciego con globos. - YouTube

Unha cadeira, un sofá, unha corda fan de rede. O resto, un xogador a cada lado e listo. A xogar!

Que non caia:

2 xogadores. Non hai rede. O obxectivo é tocar o globo para que toque o chan. Un xogador tenta que o globo toque o chan, o outro debe evitalo.

Arriba ese aplauso:

Golpear o globo ao aire dar unha palmada e volver golpear ao aire. Despois dunha palmada teñen que facer dúas e volver golpear, despois tres palmadas e volver golpear… cantas palmadas será capaz de dar sen que o globo toque o chan? 4 juegos con globos para niños

Ao chan rápido:

Golpear o globo ao aire, hai que tombarse no chan, volver levantarse e volver golpear o globo, volver tombarse e volver levantarse… cantas veces seguidas tombarase no chan golpeando o globo previamente e sen que este toque o chan?

Carreiras de globos:

Que globo chegará antes dun lugar Á un B sen tocalo con ningunha parte do corpo? Preparados? Listos? Xa!

Cantos golpeos es capaz de dar ao globo utilizando soamente a cabeza?

 

carrera de globos - YouTube

E soamente co pé?

De cantas maneiras podes levar o globo dun lugar A (salón) a outro B (cociña) sen tocar o globo coas mans?

Ping pong con globo:

Que tal se en calquera mesa ponse un pequeno obstáculo (que faga de rede) e xogamos ao ping pong sendo as raquetas as propias mans e a pelota un globo?

Á casa do tesouro con globos:

Métese nun globo un pequeno detalle. Énchense 8 globos, cada globo cun número (ou cor). Hai un globo que ten o “tesouro”. A partir de aquí, dánselle pistas -escritas e así fomentar a lectura- para que atopen os globos dun a un. Chegado ao final poderán explotar o globo e conseguir o “tesouro” buscado.

Outras actividades con globos:

PRACTICA DEPORTE

Os alumnos e alumnas de 5º de primaria dan exemplo e parctican exercicio día tras día, porque si, porque lles gusta, porque cren que é necesario, pola súa saúde, por pasar o tempo, por divertirse…

Fai o mesmo ca eles, pola causa que queiras, pero PRACTICA DEPORTE!!!

Se queredes que publiquemos fotos vosas facendo deporte podedes envialas ao seguinte correo electrónico:

deportescodimasantiago@gmail.com

APRENDO E ME DIVIRTO!

Última web de recursos por hoxe. A web Pequeocio é una páxina con moitos recursos por exemplo lecturas, xogos, cancións en varios idiomas, debuxos, xogos, manualidades, recursos educativos, receitas…

Premendo na seguinte foto podedes entrar e aproveitar as funcionalidades desta web.

 

ACTIVIDADES PARA A CUARENTENA

Premendo no seguinte enlace podedes descargar unn pdf moi completo con moitas actividades para facer nesta cuarentena polo coronavirus. Hai actividades moi variadas que expoñemos a continuación.

ACTIVIDADES CUARENTENA

 

Deporte na casa:

Exercicios de ximnasia.

Ioga

Adestramento en compañía

 

 

Música:

Cancións para adestrar

Cancións variadas do 2020

Éxitos

O máis escoitado no 2020

Lectura:

Ebooks gratuítos

Biblioteca Unesco

Wikisource

 

Cociña:

Cociña na casa

Cociña saudable

Museos virtuais:

Museo do Prado, Arqueolóxico de Atenas, Metropolitano de Nova Iorque, Museo Británico, Museo del Louvre.

Manualidades:

1000 manualidades doadas en Pinterest

 

Xogos:

Os 20 mellores xogos de mesa

Os 25 mellores xogos na APP STORE

 

ACTIVIDADES FÍSICAS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

Novamente publicamos no noso blog actividades para realizar estos días coa familia na casa. Tratemos de facer exercicio físico e divertirnos e así ocupar algo do moito tempo libre que temos neste confinamento. Nesta entrada podedes descargar en formato pdf os taboleiros e as instrución de cada casilla para 1º e 2º , 3º e 4 e tamén para 5º e 6º de primaria aínda que seguro que os compañeiros da ESO se divertirán se proban.

Descargar premendo os enlaces:

CASILLAS 1º CICLO                          TABOLEIRO 1º CICLO

CASILLAS 2º CICLO                          TABOLEIRO 2º CICLO

CASILLAS 3º CICLO                          TABOLEIRO 3º CICLO

 

Grazas ao seu autor Alejandro Alonso de Santocildes Sánchez do CEIP El Vellón  por compartilo con nós.