educación infantil

APRENDO E ME DIVIRTO!

Última web de recursos por hoxe. A web Pequeocio é una páxina con moitos recursos por exemplo lecturas, xogos, cancións en varios idiomas, debuxos, xogos, manualidades, recursos educativos, receitas…

Premendo na seguinte foto podedes entrar e aproveitar as funcionalidades desta web.

 

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS NA CUARENTENA

Neste tempo de confinamento nos fogares neste blog fumos publicando as actividades e recursos que nos pareceron máis axeitados ás condicións complicadas que vivimos.

Exercicio físico, deportes, música, retos persoais, xogos, bailes, lecturas… un feixe de recursos que queremos agora recompliar e así poder acceder a eles con máis facilidade.

Todas estas entradas están  etiquetadas co seu título, temática e a súa dirección no blog para entrar con máis comodidade e podedes descargalas nun documento PDF premendo o seguinte enlace:

ENLACES BLOG DE EDUCACIÓN FÍSICA

MOVE FOR HEALTH

Por que o 6 de abril é o Día Mundial da Actividade Física?

A actividade física foi considerada un alicerce fundamental na promoción de saúde, debido a que ten un impacto en prevención de enfermidades, diminución de mortes prematuras, e mellora a saúde cardiovascular, metabólica, osteo-articular, cognitivo e emocional. Mellora o rendemento académico en nenos e en adultos, e favorece as relacións interpersoais.

Por todos estes beneficios, hoxe 6 de abril celébrase o Día Mundial da Actividade Física.
Esta celebración nace dunha iniciativa da Organización Mundial da Saúde (OMS), que no ano 2002 mediante resolución, solicitou aos seus Estados membros a conmemorar un Día Mundial da Actividade Física, tamén coñecido como “Move for Health” , co obxectivo de promover o movemento físico para conseguir boa saúde e benestar.


QUE É A ACTIVIDADE FÍSICA? Para realizar actividade física non é necesariamente o desenvolvemento dunha actividade deportiva de moderada ou elevada intensidade, senón que é calquera movemento corporal que xere actividade nos músculos esqueléticos e conleve a un consumo de enerxía. A súa intensidade dependerá de cada persoa.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda realizar unha actividade física de, polo menos, 30 minutos diarios en función do estado físico de cada un. Camiñar a paso lixeiro, bailar, montar en bicicleta, nadar, correr, pasear á mascota son algúns exemplos que están ao alcance de todos.

De todos estos exemplos só poderemos facer algúns neste tempo de coronavirus ou adaptalos ás nosas circunstancias.

Seguide lendo o noso blog e atoparedes moitos recursos para mover o voso corpo.

 

 

6 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICA

Hoxe martés é 6 de abril, e como todos os anos en todo o noso planeta de conmemora o “Día mundial da actividade física”. Non imos a distinguir hoxe entre actividade física, exercicio físico e deporte. Son tempos complicados para facer algún deles pero poñendo empeño seguro que todos facer estos días e hoxe en particular actividade física de moitos xeitos.

 

Noutras entradas que publicamos este mes tedes moitas posibilidades sinxelas de facelo.

No seguinte enlace podedes ler unha carta moi intesante  que aparece na web de COLEF (colexio oficial de licenciados en educación física) onde trata de concienciar a todos/as de que o exercicio físico ten moita importancia e o sedentarismo é un grave problema:

https://www.consejo-colef.es/post/dmaf2020

Ánimo e a moverse!!!!!!!!!!!!