Sin categoría

Todo a punto!

Mañá é o día. Xa desde moi moi cedo empezaremos a xornada preparando o circuíto para a Carrera solidaria.

Mentras tanto xa está todo a punto, todos os rapaces estiveron adestrando no circuíto (nas fotos vemos ao alumnado de educación infantil de 4 anos adestrando onte) e tamén temos listo todo o material (augas e froitas na foto.

Por sorte o día será espléndido e desexamos que todo saia perfectamente.

CARREIRA SOLIDARIA DIVINO MAESTRO 2021

O vindeiro venres 28 de maio todo o alumnado do noso colexio participará nunha nova edición da Carreira solidaria Divino Maestro na que o obxectivo é facer un esforzo en forma de carreira e así conseguir fondos para axudar ao Colexio Divino Maestro de Tigre (Venezuela) que necesita axuda urxente.

Cada participante debrá conseguir persoas que o patrocinen coa cantidade económica que cada padriño o madriña considere oprtuno. Poden conseguir todos os patrocinadores que queiran ou poidan e entregarán os cartos acadados ao seu titor ou titora.

Esta actividade levarase a cabo no parque contígüo á nosa escola e contaremos con todas as medidas de seguridade que o protocolo Covid e a situación sanitaria exisen.

Polo tanto non poderá haber público como noutras ocasións, haberá distintos sitios de acceso e saída do parque e non se mesturarán os nenos e nenas de distintos cursos.

A continuación poderemos observar os sistintos horarios, as normas da carreira e un pequeno mapa explicativo da actividade.

Animade aos vosos fillos/as a facelo coa maior ilusión posible e conciencialos de que sexan solidarios facendo deporte.

CONSELLOS IMPORTANTES A TER EN CONTA

  1. A puntualidade é moi importante para o desenvolvemento da actividade.
  2. Os cursos deberán desprazarse soamente cos mestres, non con outros cursos.
  3. O desprazamento para a carreira será pola porta principal e a volta ao colexio pola porta traseira como indica a imaxe que se adxunta a continuación ( frecha azul).
  4. Ao chegar ao circuito esperarán instruccións no punto de encontro (punto vermello na fotografía).
  5. Despois de rematar a carreira se encamiñarán ao avituallamento onde poderán beber auga e tomar unha froita (marcado cunha cruz azul na fotografía).
  6. Trataremos de deixar o parque no mesmo estado no que o atopamos, sen desperdicios e sen estropear nada, ademais de non molestar a persoas ou animais que se desprazan polo mesmo.
  7. Despois de rematar o avituallamento voltarán ao centro escolar pola ruta marcada (frecha vermella).
  8. Cumprir as normas axuda na educación do alumnado.

Día de Libro

FELIZ DÍA DEL LIBRO!! Hoy en la etapa de Secundaria, aprovechando la conmemoración, hemos estado trabajando sobre dos artículos de tipo científico, sobre dos problemas de la adolescencia de nuestro tiempo: la falta de adherencia al ejercicio físico (que provoca problemas de salud física y mental), y los trastornos alimenticios.

Os dejamos los enlaces para que podáis leer y interiorizar, para poder ayudar a los niños de nuestro alrededor a tener una vida más saludable!

https://www.efdeportes.com/efd12/bennoe.htm

Fai clic para acceder a 24-Trastornos%20alimentarios.pdf