Normas do blog

NORMAS DO BLOG

Co obxecto de asegurar o bo funcionamento do blog, existen unhas regras básicas que todas as persoas que desexen participar deben acatar, e son as seguintes:

-Este é un blog educativo, polo tanto todo o que non teña que ver con el quedará automaticamente fóra do foro.
-O obxectivo deste blog é informar aos alumnos/as sobre noticias, tarefas para casa, comunicacións importantes, recomendacións educativas e así favorecer a adquisición da competencia dixital dos nosos alumn@s.
-Existe un principio básico: o respecto das persoas.
-Non se aceptarán mensaxes con contido ilegal, contido comercial ou spam.
-Non se aceptarán os ataques persoais nin insultos.
-O blog pretende ser unha ferramenta de participación tanto para profesores como alumnos rexistrados. Por favor ten en conta isto á hora de escribir as súas mensaxes, facéndoo con claridade, simplicidade e doadamente entendibles por tod@s.
-Este é un blog moderado. Hai un grupo de persoas que velará polo cumprimento das regras que aquí se describen, e polo bo funcionamento deste. En calquera momento, os moderadores poderán eliminar unha mensaxe se así o considera necesario, por non cumprir con estas regras básicas ou por entorpecer o bo funcionamento do blog. Se calquera usuario non está de acordo coa eliminación dunha mensaxe determinada, poderá poñerse en contacto con el para tratar de chegar a un acordo.
-Trate de adecuar a súa mensaxe a cada entrada. Se o administrador considera conveniente cambiar unha mensaxe dunha entrada a outra polo seu contido, terá total liberdade para facelo.
-Non se debe usar o blog como canle de ‘chat’.
-Cada persoa é responsable das súas opinións e accións dentro do blog, e deberá asumir as consecuencias legais dos seus actos.

No caso de que non cumpras estas regras, o moderador poderá optar polas seguintes opcións:

Edición: editar o contido das súas mensaxes, quitando material que infrinxa estas normas.
Eliminación: eliminar a mensaxe completa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s