EDUCLAN

MÓVETE …

Movémonos con María Vicente. Premendo na imaxe de abaixo abriremos un enlace a  Educlan cun video de exercicios da xove e grande atleta María Vicente, campeona mundial na súa edade nunha disciplina atlética tan completa coma é o héptalon. Anímate e fai exercicio con ela!

 

E xa que estamos con mulleres deportistas agora podedes traballar con Liliana Fernández, que xunto á súa compañeira Elsa, forman unha das mellores parellas de xogadoras de volei praia do mundo.

 

Por último, o video de Marta Xargay ,unha das mellores xogadoras de baloncesto de Europa que tamén os fará una sesión de exercicio físico saudable.