hixiene corporal

COIDAMOS O NOSO CORPO

Na escola e nas nosas casas  ( moito máis nestes tempos) pasamos moitoas horas sentados diante dun ordenador, lendo libros, facendo algún traballo, axudando á familia, vendo a televisión…

Non nos damos conta que moitas veces non adoptamos co noso corpo a posición adecuada e isto a medio ou longo plazo trae moitas consecuencias negativas en forma de lesións cervicais, dorsais, lumbares…

A hixiene postural é un conxunto de hábitos e normas para conseguir unha correcta posición do corpo, tanto cando estamos quietos coma en movemento.

Nas seguintes infografía que podemos ampliar premendo enriba delas veremos as posturas correctas en diferentes situacións e exercicios para  conseguir unha boa hixiene postural e na outra exercicios para facer descansos posturais despois dun longo rato de traballo diante dun escritorio ou pupitre.

COIDEMOS O NOSO CORPO!   SÓ TEMOS UN…